Escoitar

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local está convocada para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 18 de setembro de 2006, ás 8:00 horas en primeira convocatoria e ás 9:00 en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación.

venres, 15 set 2006
1.- Actas das sesións ordinarias do 17, 24 e 31 de xullo 2006.

ALCALDÍA
2.- Solicitude ao Eixo Atlántico do noroeste peninsular para a inclusión da ruta Eurovelo polos concellos que conformas este organismo. Expte. 3445/101.

3.- Solicitude ao Instituto Enerxético de Galicia de subvención para a promoción do transporte urbano en bicileta. Expte. 3447/101.

4.- Indemnización substitutiva por importe de 20.975,56 € a favor de Feira Sico S.L. e Dolores Martínez-Vara de Rey en relación co Salón Internacional da Construcción. Expte. 3339/101.


ASESORÍA XURÍDICA
5.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/5412/03 interposto por Dª CONCEPCIÓN VÁZQUEZ DURÁN contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. Estimado parcialmente.

6.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4297/03 interposto por Dª MERCEDES OTERO GONZÁLEZ contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. Desestimado.

7.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4112/03 interposto por CORUJAUTO S.A. contra desestimación presunta de resposición contra acordo plenario de deslindamento de parcela municipal respecto de parcela do Plan Parcial de Samil. Desestimado..

8.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4053/03 interposto por MAPFRE INDUSTRIAL S.A. SEGUROS contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. Inadmisible.

9.- Sentenza do Xulgado de Instrucción nº 5 de Vigo no xuízo de faltas 2025/04 no que o Concello foi demandado como responsable civil subsidiario das consecuencia dun accidente automobilistico na estrada do Zondal. Sentenza absolutoria.

10.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 461/2005 interposto pola XUNTA DE GALICIA contre desestimación presunta de requirimento sobre liquidación de IBI-2004. Inadmisible o recurso.

11.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4353/02 interposto por SUMINISTROS DE LA INDUSTRIA DEL AUTOMOVIL S.A. contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. Estimado parcialmente.

12.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4183/03 interposto por D. CARLOS GÓMEZ MARTÍNEZ contra acordo da X.Goberno Local que imputa a responsabilidade patrimonial a Seragua-Foccsa. Estimado parcialmente.

13.- Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. 271/04 interposto por Dª Mª LUISA CASTRO VALES contra resolución que acorda o arquivo por caducidade do expte. de reclamación de responsabilidade patrimonial. Desestimado.

14.- Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 122/05 interposto por D. PAULINO PAMPILLÓN PÉREZ e outras contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial. Desestimado

15.- Auto do Xulgado de 1ª Instancia nº 4 de Vigo no proc. ordinario 250/2005 interposto por CDADE. DE PROPIETARIOS R. ALFONSO XIII Nº 16. Auto de desestimento.


CEMITERIOS
16.- Adxudicación de cinceiros no Cemiterio de Pereiró. Expte. 7587/255.


CULTURA
17.- Solicitude de préstamo de pezas da Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego á Direcicón Xeral de Creacion e difusión cultural da Xunta de Galicia para exposición tempora. Expte. 22/339.


MULLER
18.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas profesionais nos servizos municipais de atención á muller dos estudantes do Master de xénero, educación, políticas de igualdade e liderato. Expte. 2525/224.


PARTICIPACIÓN CIDADÁ
19.- Outorgamento de subvencións para o fomento de actividades de participación cidadá e desenvolvemento sociocomunitario para o ano 2006. Expte. 3067/320.


PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
20.- Expediente de contratación da subministración de mobiliario para o Auditorio do Centro Cultural de Valladares. Expte. 1014/321.

21.- Adxudicación do procedemento negociado para a contratación dun curso para a obtención do permiso de conducir vehículos clase D para persoas beneficiarias do Programa Actívate. Expte. 3717/77.

22.- Reclamación de Dna. Cristina Pardo Vázquez de reclamación patrimonial por danos. Expte. 693/243. Desestimada.

23.- Reclamación de D. Francisco Mandianes Díaz de reclamación patrimonial por danos. Expte. 723/243. Desestimada.


PATRIMONIO HISTÓRICO
24.- Renovación do convenio-marco Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo para o ano 2006. Expte. 3419/307.

25.- Acta de recepción da obra de rehabilitaicón do estanque e do muro de peche do xardín histórico do Pazo Museo Quiñones de León. Expte. 3518/307.


PERSOAL
26.- Complemento de productividade a D. Manuel José Docampo Sotelo en cumprimento do acordo da Xunta de Goberno local do 10.03.06. Expte. 16648/220.

27.- Rectificación de erros nas bases de selección para a contratación interina de 3 prazas de axudante de oficios. Expte. 16653/220.

TURISMO
28.- Indemnización substitutiva por importe de 12.864,94 € correspondentes aos gastos da asistencia institucional da Concellería de Turismo e Comercio ás feiras de abril a maio. Expte. 1943/104.

VIAS E OBRAS
29.- Devolución de fianza a Contrucciones Conde S.A. por valado de obra na rúa La Paz. Expte. 50120/250.

30.- Devolución de fianza a TGC. Medio Ambiente S.L. por permiso de circulación cun vehículo-camión á rúa Príncipe, Velázquez Moreno e Porta do Sol. Expte. 50019/250.

31.- Rogos e preguntas.