Recepción oficial no Concello co gallo do Cidade de Vigo de Hockey
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, recibiu hoxe venres no Concello as representacións dos catro equipos que desputan esta fin de semana o XXIII Torneo Cidade de Vigo de Hockey sobre Patíns: o Follonica Hockey, de Italia, o FC Porto, o Liceo Vodafone da Coruña e o Vigo Stick.
Lucía Molares agradeceu a presenza dos catro equipos neste torneo e desexoulles unha feliz estada en Vigo, cidade que, segundo afirmou, conta "cada vez con máis afeccionados" ao hockey. As representacións dos catro equipos recibiron de mans da concelleira unha lembranza de Vigo.
O XXIII Torneo Cidade de Vigo de Hockey dará comezo hoxe venres coa proba de pista, de 09:30 a 12:30 horas. Ás 13:00, representacións de cada un dos clubs acudirán a unha recepción oficial no Concello. Xa ás 20:00 comezará a primeira semifinal, entre o FC Porto e o Liceo Vodafone. A segunda, entre o Follonica Hockey e o Vigo Stick, desputarase a partir das 21:45.
Mañá sábado, os competidores vivirán unha horas de relaxación cunha xira marítima pola ría de Vigo, a partir das 11:00, e unha comida oficial, ás 13:00, á que asistirán representacións de todos os equipos. Ás 20:00 terá lugar a loita polo terceiro posto, entre os perdedores da primeira xornada. A final será ás 21:45 e a entrega de premios e clausura do torneo, ás 23:00. A edición deste ano do Cidade de Vigo de Hockey cerrarase cunha cea de clausura a partir das 23:30.
Descargar todas as imaxes