xoves, 14 set 2006
A exposición "Cor e Harmonía", composta por 39 óleos e 8 debuxos de <a href = 'http://www.jmbarreiro.com/'>José María Barreiro</a>, será inaugurada hoxe xoves ás 20:00 horas na Casa das Artes, onde permanecerá ata o 29 de outubro.
xoves, 14 set 2006
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou a adxudicación do concurso para o alleamento do aproveitamento urbanístico atribuído ao Concello da U.E. Pobo Galego, ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia polo prezo de 2007.900 euros. O prazo de execución será de tres anos improrrogables.
xoves, 14 set 2006
Desde as 15:00 horas de mañá venres ata as 21:00 do domingo, os dous carrís contiguos á fachada principal de Casa Mar permanecerán cortados ao tráfico, quedando abertos os dous restantes, debido ás obras de demolición do edificio. O corte de tráfico repetirase os mesmos días e no mesmo horario a próxima fin de semana.