O IFEVI acolle a fin de semana a exposición internacional canina de Galicia
<br /> <br /> <br /> Os próximos días 16 e 17 de setembro celebrarase no recinto Feiral de IFEVI de Vigo A " XLIX Exposición Nacional Canina e a XIX Exposición Internacional Canina de Galicia". Esta é a primeira vez que se celebra en Galicia unha exposición co punto valedor para o Campionato de España de Beleza da Real Sociedade Canina de España (RSCE), motivo polo que os cans gañadores en cada unha das razas obterán o punto obrigatorio para conseguir o título de Campión de España. Así mesmo os ganadores obterán un punto para alcanzar o título de Campión Internacional de Beleza da Federación Cinológica Internacional (FCI).
Coincidindo coa exposición desenvolveranse unha proba puntuable para o campionato de España de Agility na xornada do sábado, e unha proba clasificatoria para o campionato do Mundo o domingo. A disciplina de Agility, consiste en que os cans guiados coa voz polos seus guías teñen que superar unha serie de obstáculos no menor tempo posible e sen cometer erros, os obstáculos son semellantes aos que se usan nas probas hípicas.
A exposición contará con 2.483 exemplares; 211 razas diferentes de cans adultos; 76 razas diferentes de cachorros e 12 países de procedencia dos expositores de beleza.
As razas que terán máis representación serán o Bulldog con 107 exemplares, Boxer con 99 e Bulldog francés con 79 exemplares. No apartado de razas españolas a máis numerosa será o Can de Augas Español.
Na xornada do sábado haberá especial Pastores Belgas e na do domingo especial Mastín Español.
A exposición conta co patrocinio da marca de pensos EUKANUBA, como sponsor principal, e coas marcas Arión e Royal Canin e co apoio do Concello de Vigo.
Para o acceso ao recinto feiral está previsto o prezo por entrada de 5 euros para os adultos e de 3 euros para os nenos.
Descargar todas as imaxes