Escoitar
Anuncio de Mobilidade e Seguridade

Peche de tráfico na confluencia do paseo dos Cedros e X.M. Alvarez Blázquez

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construción da Subestación do Castro para Unión Fenosa estará pechada ao tráfico a confluencia do Paseo dos Cedros e X. M. Alvarez Blázquez,dende o martes 12 de setembro de 2006 ás 15:00 horas e por un período aproximado de dezaoito meses.

martes, 12 set 2006
Mentres duren as obras establécese dobre sentido no Paseo X. M. Alvarez Blázquez con entrada pola rúa Atalaia.

Os vehículos que descendan polo Paseo dos Cedros sairán a Marqués de Alcedo con dirección obrigatoria cara á Praza de España.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.