Licitadas as obras de mellora das beirarrúas do contorno de Urzaiz
A Xunta de Goberno Local licitou hoxe luns as obras de melloras de beirarrúas de varias rúas do contorno de Urzaiz, por valor de dous millóns de euros, así como a da Vía Norte e a Avenida Castelao. Tamén foron licitadas as obras de humanización da praza da Independencia, Rogelio Abalde, Churruca e outras rúas do Centro da cidade, por un importe de 1,5 millóns de euros.
Estes últimos traballos, que seguirán o modelo dos realizados na rúa Uruguai, afectarán tamén á rúa República Arxentina (entre urzaiz e García Barbón) e Garvina. Así mesmo, a Xunta de Goberno Local licitou a ampliación da rede de saneamento de Coruxo, por algo máis de 200.000 euros. Proximamente, segundo anuciou o portavoz do Goberno municipal, José Manuel Figueroa, sacarase a concurso a humanización de varias rúas en Coia.
Mercado do Progreso
Por outra parte, a Xunta de Goberno acordou o secuestro da concesión administrativa de xestión e explotación do Mercado do Progreso, e a resolución do contrato desta concesión, polo incumprimento culpable do concesionario.
Benestar Social
Na área de Benestar Social foi aprobada a revisión de prezos do contrato do Servizo de Apoio á Unidade Asistencial a Drogodependentes (CEDRO), quedando establecido o prezo do contrato para o período de abril de 2006 a abril de 2007 en 457.160 euros.
Tamén se aprobou o proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para o fomento e homologación das políticas municipalistas de cooperación ao desenvolvemento. O importe total desta iniciativa cífrase en 64.000 euros.
Muller
Na área de Muller, a Xunta de Goberno aprobou a solicitude de subvención á Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, para favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes e coa eliminación da violencia de xénero, por un importe de 25.000 euros.
Descargar todas as imaxes