A Policía Local celebrará o seu 125 aniversario recibindo a Bandeira de Honra
O Pleno da Corporación Municipal acordou por unanimidade hoxe luns a concesión da Bandeira de Honra á Policía Local con motivo do 125 aniversario da súa creación, que se celebrará o próximo 17 de setembro.
Segundo expuxo o concelleiro de Seguridade, Antonio Coello, a Policía Local de Vigo bota en falta "a presenza dunha enseña representativa da nosa cidade e do noso colectivo, tal como un estandarte ou unha bandeira", nos eventos de carácter internacional en que participa, como os Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros e o Campionato Europeo de Policías e Bombeiros.
Coello reclamou que a Policía Local vexa recoñecida institucionalmente a "consideración social que neste momento posúe". Neste sentido, o concelleiro propuxo un acto institucional para a entrega da bandeira ou estandarte que se conceda tras o acordo plenario, unha bandeira ou estandarte que "recolla os símbolos da cidade e que nos consagre como fieis servidores" dos cidadáns.
A Policía Local foi creada en 1881 como Garda Urbana, quedando conformada naquel momento por un xefe, dous cabos e 28 gardas. Co paso do tempo a antiga denominación derivou cara á de Policía Local, que sería finalmente modificada en 1986, cando coa Lei de Forzas e Corpos de Seguridade pasou a chamarse Policía Local.
Por outra parte, o Pleno tamén deu o seu visto bo á proposta de festivos locais para 2007, que serán os días da Reconquista da Cidade (28 de marzo) e de San Roque (16 de agosto).
Mocións
Así mesmo, recibiron o apoio unánime do Pleno dúas mocións presentadas polo BNG. A primeira delas insta a alcaldesa a solicitar as melloras necesarias nas estradas de comunicación e acceso aos areais e praias de Vigo, "ante o actual deterioro e falla de seguridade das mesmas". A segunda esíxelle ao Goberno muinicipal que realice un estudo "rigoroso e profundo" para desenvolver a ordenación e xestión do tráfico nas vías que serven de entrada e saída ao Segundo Cinto. Ademais, o Pleno pide que se proceda a unha mellora substancial da sinalización dos accesos ao Segundo Cinto.
Por último, o BNG e o PSdG-PSOE presentaron unha moción conxunta instando o Goberno municipal ao estudo das posibilidades de uso do espazo que rodea o Polideportivo das Roteas, en Coruxo, buscando un equilibrio na atención das distintas necesidades dos usuarios do pavillón. A moción foi aprobada cos votos favorables de todos os grupos, menos o PG, que se abstivo.
Descargar todas as imaxes