Os mellores de Europa e Galicia mediranse no Cidade de Vigo de Hockey
A XXIII edición do Torneo Cidade de Vigo de Hockey sobre Patíns desputarase este venres e sábado no Pavillón das Travesas cun cartel do máis atractivo: os italianos do Follonica Hockey, actuais campións da Liga Europea; o FC Porto, subcampión de Europa, e en representación do hockey galego, o Liceo Vodafone da Coruña e o Vigo Stick.
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou o evento hoxe mércores desexando que "os catro equipos dean un bo espectáculo" que axude a consolidar un deporte que "en Vigo afortunadamente conta cada día con máis e máis afeccionados".
Pola súa parte, o vicepresidente da Federación Galega de Hockey e presidente do Comité Organizador do torneo, Julio Sáenz, salientou a calidade dos catro equipos participantes. Así, do Follonica Hockey lembrou que gañou a pasada edición da Liga Europea "contra todo prognóstico" pero "merecidamente". Respecto ao FC Porto asegurou que "vén a por todas", xa que ten "unha espiña cravada" ao non ter conseguido este torneo ata o de agora.
Canto aos dous equipos galegos, Julio Sáenz afirmou que o Liceo Vodafone "ten representado a Galicia" no mundo do hockey, e louvou a meritoria campaña do Vigo Stick, club que descendeu á segunda categoría e logrou o ascenso nunha soa temporada.
O vicepresidente do Vigo Stick, Enrique Urdiales, sinalou que o seu equipo participa neste torneo "coa esperanza de facelo cada vez mellor". Neste sentido, cualificou o encontro de semifinais co actual campión de Europa de "motivo de superación".
O XXIII Torneo Cidade de Vigo de Hockey dará comezo o venres 15 coa proba de pista, de 09:30 a 12:30 horas. Ás 13:00, representacións de cada un dos clubs acudirán a unha recepción oficial no Concello. Xa ás 20:00 comezará a primeira semifinal, entre o FC Porto e o Liceo Vodafone. A segunda, entre o Follonica Hockey e o Vigo Stick, desputarase a partir das 21:45.
O sábado 16, os competidores vivirán unha horas de relaxación cunha xira marítima pola ría de Vigo, a partir das 11:00, e unha comida oficial, ás 13:00, á que asistirán representacións de todos os equipos. Ás 20:00 terá lugar a loita polo terceiro posto, entre os perdedores da primeira xornada. A final será ás 21:45 e a entrega de premios e clausura do torneo, ás 23:00. A edición deste ano do Cidade de Vigo de Hockey cerrarase cunha cea de clausura a partir das 23:30.
Na edición pasada resultou vencedor o Liceo Vodafone, que derrotou na final o Vigo Stick cun marcador de 4 a 3.
Descargar todas as imaxes