Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
mércores, 28 set 2005O Consello da Xerencia de Urbanismo reunese en sesión ordinaria o xoves, día 29 , ás 10 horas , para tratar os seguintes asuntos:
O Consello da Xerencia de Urbanismo reunese en sesión ordinaria o xoves, día 29 , ás 10 horas , para tratar os seguintes asuntos:
José Manuel Figueroa anunciou hoxe xoves que o Goberno municipal, do que é portavoz, buscará a principios da semana que vén unha solución ao convenio asinado con Miraflores S.A. en 1992, polo que esta entidade cedeu unha parcela para o vial de circunvalación entre a avenida de Madrid e a de Castrelos.
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 22 de setembro de 2005, ás 9:30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda, para tratar os seguintes asuntos.
O portavoz do Goberno local, José Manuel Figueroa, situou hoxe xoves a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) a finais deste ano. O concelleiro do PP considera que os prazos da tramitación do PXOM "se poden cumprir perfectamente".
O Goberno local espera para o xoves as conclusións dos técnicos municipais de Medio Ambiente sobre a visita que realizaron a catro depuradoras de Barcelona. Estas valoracións poden servir, xunto con outros informes, de base para un acordo plenario que determine as liñas de actuación para solucionar o problema da depuradora do Lagares.
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves ao Pleno da Corporación aprobar a modificación dun estudo de detalle que ten por finalidade posibilitar a construcción dunha escola infantil municipal na rúa Palencia.
A alcaldesa, Corina Porro, presentou hoxe mércores a Alfonso Ramos como novo xerente do Consorcio Casco Vello, organismo a través do cal o Concello, Zona Franca e a Xunta de Galicia pretenden rehabilitar esta zona da cidade.
A Comisión de Seguimento do PXOM estableceu hoxe venres o calendario de actuación para acometer a última fase do Plan Xeral de Urbanismo de cara á súa definitiva aprobación.