xoves, 17 nov 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves por unanimidade ao Pleno da Corporación a aprobación definitiva da ordenanza municipal que establece o obrigada instalación de sistemas de captación e utilización de enerxía solar nos edificios de nova planta e nos que sexan reestructurados.
mércores, 16 nov 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo ,na sesión ordinaria que ten lugar o xoves día 16, tratará entre outros asuntos da resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento da enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións no termo municipal de Vigo.
xoves, 10 nov 2005
O portavoz do Goberno local, José Manuel Figueroa, asegurou hoxe xoves que o Concello fará corrixir as deficiencias nas obras de humanización do Centro, se as houber, antes de recibilas. Segundo Figueroa, as rúas afectadas por estes traballos están "en perfectas condicións de saneamento".
luns, 7 nov 2005
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns a segunda fase do proxecto de acondicionamento da Xunqueira do Lagares, redactado polo Ministerio de Medio Ambiente, a Dirección Xeral de Costas e o Servizo de Costas de Pontevedra. A realización deste proxecto supón un gasto de 620.000 euros.
luns, 7 nov 2005
A Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebra mañá, martes 8 de novembro, o Día Mundial do Urbanismo organizando unha actividade de análise da cidade a través de percorridos en autobús.
xoves, 3 nov 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe xoves axudas para a rehabilitación de elementos comúns na rúa Pescadores nº 2 e no inmoble da rúa do Pazo nº 8, e da vivenda situada no nº 8-1º desta mesma rúa. Estas tres actuacións enmárcanse no convenio para a rehabilitación de edificios e vivendas do Casco Histórico de Bouzas.
venres, 28 out 2005
O Concello de Vigo e a Xunta de Galicia déronlles aos promotores do PAU de Navia un prazo improrrogable de quince días para que limpen as vías e beirarrúas desa urbanización, como paso previo para a reparación dos desperfectos causados polas obras que se están a realizar na zona.
xoves, 27 out 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou hoxe xoves a adquisición directa dos restos dunha parcela de 173 e outra de 20 metros cadrados para a execución da obra "Baixada a Ríos-Teis"