Expertos en Cascos Históricos participan en Vigo nunha reunión do proxecto PAGUS
Técnicos en rehabilitación dos concellos de Vigo, Ribadavia, Lugo, Carmona (Sevilla) e Tobi (Italia) celebraron unha reunión de traballo os días 28 e 29 de setembro en Vigo para avanzar nos proxectos dos estudios de mobilidade en casco históricos que se están a elaborar dentro do programa PAGUS (programa de asistencia e xestión urbana sostible) subvencionado con fondos europeos. Na reunión analizáronse as propostas de novas formas de mobilidade. O equipo de traballo de Galicia está coordinado polo Instituto Galego de Vivenda e Sola da Consellería de Vivenda.
O PAGUS é un programa de iniciativa Interreg III, subvencionado nun 75% con fondos comunitarios, que procura a conservación dos centros históricos europeos de pequeno e mediano tamaño a través da recuperación do patrimonio edificado, o fomento da accesibilidade e a mobilidade de persoas e bens, así como o acceso dos seus habitantes aos servizos a través das novas tecnoloxías.
O PAGUS componse de cinco liñas de actuación. A primeira, liderada pola rexión italiana de Umbria, encárgase da coordinación das accións de desenvolvemento urbano ea a nivel interrexional. A segunda, liderada por Galicia, ocúpase da formación dos axentes que interveñen nas actuacións urbanísticas. Galicia participa ademais noutras dúas liñas de traballo: a de experimentación de novas formas de mobilidade, tanto de persoas como de mercadorías; e a de deseño e implantación de novas tecnoloxías que permitan o acceso dos cidadáns de cascos históricos ás redes de información e servizos. Por último, existe unha quinta liña de actuación encargada da divulgación e publicación dos resultados do PAGUS.
Descargar todas as imaxes