O Concello remitirá á Autoridade Portuaria un informe crítico co Plan de Usos
Cos votos favorables do PP, os votos en contra do PG e a abstención de PSdeG-PSOE e BNG, o Pleno da Corporación prestou conformidade hoxe venres ao informe técnico municipal sobre o Plan de Utilización dos Espazos Portuarios (PUEP). O Concello remitiralle este informe á Autoridade Portuaria.
Así mesmo, o Concello presentarase como parte interesada no procedemento de aprobación do PUEP, a fin de que se lle notifiquen todos os actos e resolucións que se dicten nel. Este acordo refírese de maneira especial á proposta que a Autoridade Portuaria eleve ao Ministerio de Fomento dando resposta aos informes remitidos polo Concello.
Durante o debate plenario, o portavoz do PP, José Manuel Figueroa, volveu mostrar a súa disconformidade co Plan de Usos do Porto e asegurou que o Goberno local sempre intentou buscar un consenso político dos grupos municipais en relación a este documento.
Neste sentido, Figueroa demandou o apoio da Corporación á postura do seu partido, que é a de pedirlle ao presidente da Autoridade Portuaria, Abel Caballero, que retire o PUEP e se reúna coa alcaldesa, Corina Porro, para que esta despois convoque os voceiros dos grupos políticos a fin de que cada un exprese a súa opinión. Figueroa afirmou que é necesario "saber se hai posibilidade de acordo" entre o Concello e o Porto para definir o desenvolvemento dunha infraestrutura "fundamental" para o futuro de Vigo.
Pola súa parte, Mauricio Ruiz, do PSdeG-PSOE, rexeitou a conveniencia de remitir o informe municipal ao Porto cualificándoo de "refundido de informes que din o contrario uns dos outros" e que "non coincide coa opinión de ningún dos grupos". Ruiz lamentou a conformidade do Pleno con este documento porque, segundo afirmou, significa que o Concello de Vigo se opón a todas as ampliacións propostas no Plan de Usos e "non sabe que propor á Autoridade Portuaria".
Polo BNG, Henrique Viéitez volveu incidir na "ambigüidade calculada" do Plan de Usos e avogou por unha reordenación dos espazos portuarios favorable aos intereses da industria da construción e reparación naval e á mellora da calidade de vida dos veciños do Porto. Nesta liña, Viéitez propuxo, mediante unha emenda, "aproveitar a ocasión para abrir un debate que permita compatibilizar os intereses da cidade e do Porto". Esta emenda foi rexeitada polos restantes grupos.
Finalmente, Manoel Soto, do PG, propuxo a paralización do Pleno e unha "reunión inmediata" para que o Concello e a Autoridade Portuaria cheguen a un acordo. Rexeitada a súa proposta, presentou unha emenda para reclamar unha actuación integral no litoral de Vigo, coa realización dun plan a curto, medio e longo prazo por parte da Autoridade Portuaria e acordos coa Xefatura Provincial de Costas. Esta emenda tamén foi rexeitada.
Descargar todas as imaxes