Escoitar

Aprobada a consulta de tres expedientes de concursos de adxudicación

O Concello consultará a Xunta Consultiva de Contratación Administrativa sobre tres expedientes relativos a concursos para a adxudicación dos servizos de aparcadoiro soterrado de uso mixto, xestión de estacionamento regulado e retirada, depósito e custodia de vehículos.

venres, 29 set 2006
Segundo un acordo adoptado polo Pleno da Corporación hoxe venres, durante a consulta destes expedientes non se continuarán os correspondentes procesos de adxudicación, xa que deles poden derivar "graves consecuencias para o futuro da cidade".

Este acordo foi proposto polo PSdeG-PSOE e resultou aprobado cos votos a favor do propio grupo socialista e do BNG, a abstención do PG e os votos en contra do PP.