Aceptadas 10 cesións de terreos para mellorar camiños en varias parroquias
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe xoves por unanimidade a aceptación de 10 cesións gratuítas de terreos, que serán destinados á ampliación, ensanche e mellora de camiños en varias parroquias do termo municipal.
Concretamente, os terreos cedidos servirán para ampliar e ensanchar os camiños de Moláns, Breadouro, en Coruxo, e o de Castañal, en Alcabre; ampliar e mellorar a rúa San Cristobo, en Candeán; ensanchar e mellorar o camiño de Coviña e ampliar e mellorar o de Lagoa, en Zamáns; mellorar os camiños de Morrohome, en Beade, e Longra, en Coruxo; e ensanchar o camiño de Maceiras, en Candeán.
Ademais, o Consello da Xerencia deu o seu visto bo á concesión de axudas para a rehabilitación de elementos comúns e vivendas na rúa Méndez Núñez, 8; para a rehabilitación de vivendas nas rúas Chao, 10-2º A e 10-3º A, e Gamboa, 10-1º, así como nas prazas da Constitución, 9-3º E, e do Peñasco, 1-2º. Tamén foi aprobada unha axuda para a rehabilitación de elementos comúns na praza de Argüelles, 8.
Descargar todas as imaxes