Escoitar

Catro novas cámaras web de tráfico en hoxe.vigo.org

A páxina web do Concello de Vigo (<a href = 'http://hoxe.vigo.org/'>www.hoxe.vigo.org</a>) vén de incorporar catro novas cámaras web que mostran en directo o estado do tráfico noutros tantos puntos estratéxicos da cidade: Gran Vía, García Barbón-Colón, Castelao e Aragón-Aeroporto. Poden verse clicando no apartado <a href = 'http://hoxe.vigo.org/conecenos/trafico.php?lang=gal'>"Cámaras web"</a>.

mércores, 6 set 2006
1157545494camara5.jpg
Desde outubro do ano pasado, a páxina web do Concello ofrecía cámaras web de tráfico a través das cales se pode ver a avenida de Madrid, a travesía de Vigo (xunto ao centro comercial), a rúa Citroën (xunto a Balaídos) e a rotonda do Porto (Sanjurjo Badía).

Tanto as novas cámaras web como as xa existentes contan cun refresco de imaxe de cinco segundos e son utilizadas polo Concello para controlar e mellorar o tráfico desde a sala de control situada no soto da casa consistorial.

Facendo público o seu acceso por medio de internet, o Concello ofrécelles aos cidadáns a posibilidade de coñecer o estado actual do tráfico en zonas estratéxicas da cidade. Deste xeito, o Departamento de Tráfico axuda aos vigueses a planificar mellor os seus desprazamentos.

Cámara turística

Outra cámara web actualmente en preparación é a que permitirá contemplar en directo a ría de Vigo desde a páxina web do Concello, que así dará a coñecer un dos principais atractivos turísticos da cidade e da súa área de influencia en todo o mundo.
Descargar todas as imaxes