Escoitar

Dous carrís fronte a Casa Mar permanecerán cortados durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas de mañá venres ata as 21:00 do domingo, os dous carrís contiguos á fachada principal de Casa Mar permanecerán cortados ao tráfico, quedando abertos os dous restantes, debido ás obras de demolición do edificio. O corte de tráfico repetirase os mesmos días e no mesmo horario a semana que vén e a seguinte.

xoves, 7 set 2006
1157635765reunion070906.jpg
A decisión foi anunciada hoxe xoves pola alcaldesa despois da reunión que mantivo co director xeral de Testa, Javier Zarrabeitia, e representantes da empresa construtora do futuro Auditorio, que se erguerá no lugar que Casa Mar ocupa na actualidade.

Segundo Corina Porro, todos concordaron en que as obras deben ser "o menos problemáticas para os cidadáns e o Porto", polo que cómpre "coordinar as accións para que non se interrompa a vida normal da cidade". Ao cortar o tráfico durante as fins de semana quérese evitar perturbalo nos días en que rexistra máis densidade na zona afectada.

A alcaldesa pediu de xeito anticipado desculpas aos cidadáns polas molestias que estes cortes de tráfico poden supor.
Descargar todas as imaxes