xoves, 16 mar 2006
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle á Xunta de Goberno Local hoxe xoves, por unanimidade dos grupos políticos, a aprobación inicial do proxecto de urbanización do polígono 11 do PERI do Calvario.
xoves, 9 mar 2006
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo autorizou hoxe xoves a contratación polo procedemento aberto por concurso das obras de urbanización do polígono de Barreiro, futuro emprazamento de 100 vivendas de protección autonómica.
xoves, 2 mar 2006
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo debateu hoxe xoves os criterios que deben rexer a xestión do Patrimonio Municipal do Solo (PMS), chegando ao acordo de favorecer a maior oferta posible de vivenda cos maiores niveis de protección.
mércores, 1 mar 2006
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 2 de marzo de 2006, ás 9:30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da seguinte relación.
martes, 28 feb 2006
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo mantivo hoxe martes unha sesión extraordinaria na que os grupos políticos presentaron as súas conclusións e propostas previas á aprobación definitiva do Plan Xeral.
xoves, 23 feb 2006
Co voto favorable do PP, a abstención do BNG e do PG, e o voto en contra do PSdeG-PSOE, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe xoves un acordo polo que se desestima a petición dunha consulta popular sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
martes, 21 feb 2006
O portavoz do Goberno municipal, Jose Manuel Figueroa, afirmou hoxe martes, despois da reunión da Comisión de Seguimento do Plan Xeral, que o documento podería ser aprobado polo Pleno a mediados de marzo. O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo decidirá a data o próximo martes 28.