martes, 20 dec 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe martes, cos votos favorables do PSdeG-PSOE e do BNG, os votos en contra do PP e a abstención do PG, unha moción de reprobación ao Goberno municipal presentada polos socialistas e enmendada polos nacionalistas, "pola negativa xestión na ordenación urbanística da cidade".
luns, 12 dec 2005
O xerente do Consorcio do Casco Vello de Vigo, Alfonso Ramos, e o xerente do Consorcio Cidade de Santiago, José Manuel Villanueva Prieto, asinaron hoxe luns un protocolo de colaboración entre ambas as institucións en materia de rehabilitación.
xoves, 24 nov 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves á Xunta de Goberno Local a anulación da aprobación definitiva do proxecto de normalización de predios da UR 1 de Esparramán, de Bembrive.
venres, 18 nov 2005
A alcaldesa, Corina Porro, entrevistouse hoxe venres coa conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, para tratar da colaboración entre o Concello e a Xunta en materias como a dotación de solo industrial en Vigo e a súa área metropolitana, a creación de vivendas protexidas no noso municipio e a rehabilitación do Casco Vello.
xoves, 17 nov 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves por unanimidade ao Pleno da Corporación a aprobación definitiva da ordenanza municipal que establece o obrigada instalación de sistemas de captación e utilización de enerxía solar nos edificios de nova planta e nos que sexan reestructurados.
mércores, 16 nov 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo ,na sesión ordinaria que ten lugar o xoves día 16, tratará entre outros asuntos da resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento da enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións no termo municipal de Vigo.
xoves, 10 nov 2005
O portavoz do Goberno local, José Manuel Figueroa, asegurou hoxe xoves que o Concello fará corrixir as deficiencias nas obras de humanización do Centro, se as houber, antes de recibilas. Segundo Figueroa, as rúas afectadas por estes traballos están "en perfectas condicións de saneamento".