Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 12 nov 2003

A partir das dez da mañá do xoves, día 14, reunese o Conselo da Xerencia de Urbanismo, para tratar entre outros asuntos da orden do día a modificación puntual do PXOU 1993 para a execución de sentencia na rúa Marqués de Alcedo.

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 29 out 2003

As dez da mañá do xoves día 30 reunese o Consello da Xerencia de Urbanismo no que se tratará, entre outros asuntos,o convenio de colaboración entre o Concello e Renfe para a construcción da nova estación de ferrocarril de Vigo, redordenación da praza da Estación e ordenación do seu ámbito.

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 22 out 2003

O xoves, a partir das dez da mañá, reunese a Xerencia de Urbanismo, na que se tratará entre outos asuntos da orde do día a aprobación inicial da modificación puntual do PXOU no ámbito do sanatorio de Fátima.

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 15 out 2003

A Xerencia de Urbanismo reunirase o xoves día 16 a partir das dez da mañá no edificio da xerencia e entre os asuntos que tratará figura a admisión de candidatos a Xerente de Urbanismo, propostas e elección.

O Concello ordena executar a sentencia que anula a concesión de licencia do apartahotel de Samil

luns, 13 out 2003

O concelleiro de Urbanismo, Mauricio Ruiz Ceniceros, ordenou hoxe á oficina de Disciplina Urbanística da Xerencia de Urbanismo que proceda a incoar e tramitar o correspondente expediente de execución da sentencia firme dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 28 de xaneiro de 1999, confirmada por outra do Tribunal Supremo do 27 de decembro de 2002, que anulaba a licencia de obra outorgada en 1994 á promotora M. Casal Carreira S.A. para a construcción dun hotel-apartamento na Avenida de Samil e ordenaba directamente a demolición do edificio.

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 8 out 2003

A Xerencia de Urbanismo celebra reunión o xoves, día 16, a partir das dez da mañá , con oito asuntos na orde do día entre os que figura a reclamación de cumprimento do convenio entre o Concello e a congregación de relixiosas de San José de Cluny.