Escoitar

O Consello da Xerencia propón ao Pleno a construcción dunha nova escola infantil

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves ao Pleno da Corporación aprobar a modificación dun estudo de detalle que ten por finalidade posibilitar a construcción dunha escola infantil municipal na rúa Palencia.

xoves, 8 set 2005
1126175854xerencia0809.JPG
Na mesma proposta inclúese a estimación parcial das alegacións presentadas por varios propietarios da zona, polo que a cota de separación entre a edificación escolar e o edificio residencial situado no número 28 desa rúa queda fixado en 3,8 metros.

O debate do Consello da Xerencia sobre os asuntos da competencia da Xunta de Goberno Local concluíu coa aprobación inicial de tres proxectos: o de urbanización da UA V-E do PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón, o de estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación do polígono 3 do PERI IV-01 San Roque, e o de equidistribución da UA "Pobo Galego".

Ademais, a Xunta de Goberno Local deberá decidir se aproba inicialmente o cambio de sistema de compensación a concerto do polígono UA-V-E do PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón, co de aprobación do seu proxecto de equidistribución.

Tamén quedan pendentes da decisión da Xunta de Goberno Local a recepción parcial de obras de urbanización do Plan Parcial Cambeses, a inadmisión da solicitude de retasación de tres parcelas da expropiación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, e a revisión de oficio do recoñecemento do dereito de equidistribución de cargas pola urbanización da rúa Gándara, hoxe Doutor José Mato.

Por outra parte, o Consello da Xerencia resolveu declarar a ruína dos edificios situados nas rúas Perigos nº 7, Elduayen nº 31 e Brasil nº 5. Así mesmo, o Consello acordou devolver unha cesión de terreo para a execución das obras de ensanche e mellora do firme da avenida Ramón Nieto.

Por último, quedou resolto o expediente de restauración da legalidade urbanística alterada por infracción en Severino Cobas nº 54 e foi revogada a resolución da presidencia da xerencia do 27 de xuño de 2003 sobre unha infracción urbanística en Cova da Becha (Saiáns).
Descargar todas as imaxes