mércores, 7 set 2005
O porto do Berbés acollerá, desde o venres 9 ata o domingo 11 de setembro, as III Xornadas Gastronómicas e Marisqueiras "Vigomar 2005", nas que a degustación dos productos da nosa ría será acompañada de música folclórica, exposicións, fútbol sala e inchables para os máis pequenos.
mércores, 7 set 2005
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou a 22 edición do Torneo Cidade de Vigo de Hóckey sobre patíns que se celebrará o 9 e 10 de setembro no pavillón central das Travesas e que está organizado Federación Galega de Patinaxe . No torneo participarán os equipos F.C.Barcelona , H.P. Primavera Prato, H.C. Liceo Vodafone e Vigo Stick.
mércores, 7 set 2005
A sala de lectura da Biblioteca Pública Central de Vigo, que conta con 110 postos, amplía o seu horario habitual con motivos dos exames de setembro ata o 16 deste mes. Así, o espazo destinado á lectura da Biblioteca Central abrirá de luns a venres de 9.00 a 20.30 horas, os sábados de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 21.30 horas e os domingos de 10.00 a 14.00 horas.<br />