O "Galaico Exprés" promocionará a Volvo
A concellería de Turismo con motivo da Volvo Ocean Race está a levar a cabo un plan de actividades no que figura a posta en marcha do "Galaico Express", un tren de época que viaxará as fins de semana de setembro entre as estacións de Vigo, Ourense e Monforte pola ruta do Miño e a Ribeira Sacra.
A concelleira de Turismo, Lucía Molares e Luis Blanco, secretario do padroado da Fundación dos Ferrocarrís de Galicia, presentaron o "Galaico Express" que pretende ser un museo vivo rodante no que se poidan celebrar todo tipo de eventos turísticos e culturais así como degustar os productos típicos da gastronomía sa zona e os viños galegos .
A concelleira anunciou o programa de viaxes que terán lugar as fins de semana de setembro. Deste xeito os sábados a viaxe será desde Vigo a Ourense, con saída de Vigo ás 20:30 horas e regreso ás 24.00 horas; servirase a cea nos coches restaurantes e o billete será de balde. Os domingos a viaxe será dende Vigo a Monforte , con saída de Vigo ás 11:00 horas. Este día as persoas que viaxen deberán abonar 15 euros.
O "Galaico Express" está formado por dous coches restaurantes de época con decoración de luxo similar aos oriente exprés, tren mítico dos anos trinta. Na composición deste tren tamén figuran coches de primeira e coches cama que proceden do tren Lusitana que viaxaba dende Irún ata Lisboa. Asemade o Galaico Express conta cunhas locomotoras históricas como son a ALCo 1812 diesel, a eléctrica 7722 e para os eventos especiais a Mikado de Vapor.
Na presentación tamén asistiron Encarna Álvarez García, presidenta da Asociación de Comerciante do Calvario; Sergio Román, presidente da Asociación de Hostaleiros de Vigo; Carlos Rodríguez, presidente da Asociación de Hostalería de Pontevedra e José Angel Espada , presidente das Axencias de Viaxe de Pontevedra.