O Concello apoia a creación dun roteiro nos terreos do canal de Eiras
Vigo e de Redondela colaborarán na posta en marcha dun roteiro nos terreos do canal de Eiras. A realización desta proposta do Concello de Redondela foi apoiada hoxe luns pola Xunta de Goberno Local viguesa.
Os terreos polos que discorre a traza do canal de Eiras son de titularidade do Concello de Vigo, estando afectos na actualidade ao servizo público de abastecemento de auga xestionado por Aqualia.
Ao non darse a oportunidade da alteración da natureza xurídica destes terreos mediante a súa desafectación, presentouse desde o Concello de Vigo a opción de compatibilizar a afección ao uso público para o roteiro coa de servizo público de abastecemento de auga. Isto é o que aprobou hoxe luns a Xunta de Goberno Local.
As facultades que lles correspondan aos Concellos de Vigo e de Redondela respecto á utilización, administración e defensa dos terreos en cuestión, desenvolveranse no marco dun convenio de colaboración que deberán asinar as dúas entidades.
En virtude deste acordo, ao Concello de Redondela corresponderalle a execución das obras e instalacións necesarias para o establecemento do roteiro, así como o seu mantemento, conservación e vixilancia.
Descargar todas as imaxes