Escoitar
Anuncio Administración de Tributos

Exposición pública do padrón do IBI 2005

venres, 2 set 2005
Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia n°167 de 31 agosto de 2005, estará en exposición pública o Padrón do Imposto sobre bens de natureza urbana do ano 2005 aprobado pola Xunta de Goberno Local o 22.08.05, ata o 15 de setembro de 2005, inclusive, no Negociado do Imposto de bens inmobles do Concello, a excepción dos sábados que estará en exposición no Rexistro Xeral, en horario de 9 a 13 horas.

Os/as interesados/as poderán consulta-lo citado padrón e interpoñer contra os actos contidos nel, con carácter potestativo. recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó de finalización do período de exposición pública ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo, de conformidade cos artigos 222 e 223 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria e art. 137 da Lei 57/2003 de Medidas para a modernización do goberno local.