Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 2 set 2005
Auntos que tratará a Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria que celebra o luns , día 5, ás 9 horas.

1.- Acta da sesión ordinaria do 1 e 8 de agosto de 2005.

ATENCION CIDADÁ
2.- Indemnización substitutiva a favor de Atlas Servicios Empresariales polo importe de 182,31 € en concepto de prestación do servizo de apoio á Oficina de información presencial. Expte. 779/321.

BENESTAR SOCIAL
3.- Concesións de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas e actividades de persoas maiores- ano 2005. Expte. 12786/301.

4.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta Exptes. 03/1144/301, 11/611, 14/1042, 12/1202. Denegación expte.14/148.

EDUCACIÓN
5.- Proxecto de obra do peche perimetral do recinto escolar do CEE "Saladino Cortizo" de Cabral. Expte. 7046/332.

LIMPEZA
6.- Revisión de prezos do contrato da concesión de contenerización, recollida e transportes dos residuos reciclables. Expte. 1631/252.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
7.- Devolución de aval por importe de 1.500 € a favor de Soutelo Transportes y Derribos, constituído por reserva especial de vía pública na rúa Lopez de Neira nº 28.Expte. 71370/210.

8.- Devolución de aval por importe de 1.200 € a favor de Federación AAVV Eduardo Chao, constituído con motivo da celebración da XIII Festa Veciñal no Parque de Castrelos. Expte. 71359/210.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
9.- Solicitude da empresa Unión Fenosa de autorización para a ocupación de terreos de dominio público municipal para a ubicación de subestación . Expte. 17205/240.

10.- Aprobación inicial da afectación ao uso público de terreo municipal para execución e instalación dun roteiro entre os Concellos de Vigo e Redondela. Expte. 17228/240.

11.- Prórroga de contratos do programa educativo "Vigo por dentro". Expte. 4681/332.

12.- Reclamación de D. José Manuel Rozas Pérez de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 23/243. Responsable UTE Aqualia-FCC SA.

PATRIMONIO HISTÓRICO
13.- Indemnización substitutiva a favor da empresa "G.C.M., S.L." por importe de 94,99 € por subministración de material para a Casa do Cesteiro no ano 2004. Expte. 2663/307.

PERSOAL
14.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal municipal correspondente ao mes de marzo-xullo 2005. Expte 15936/220

TURISMO
15.- Solicitude de autorización para facer prácticas na Concellería de Turismo de Dª Nina Andersen. Expte 1674/104.n Estimada.

16.- Convocatoria de tres bolsas para a realización de prácticas nas oficinas de información e servicios turísticos da Concellería de Turismo para o período do 15 de outubro de 2005 o 15 de xuño de 2006. Expte 1673/104.

VIAS E OBRAS
17.- Devolución de aval por importe de 1.200 € a favor de Construcciones Vipomar, S.L., por permiso de ocupación de vía pública cun valado de obra na rúa Principe nº 50.Expte. 45961/250.

XESTIÓN MUNICIPAL
18.- Xustificantes de libramentos.

19.- Gastos de locomoción do persoal municipal para incluir na nómina do mes de setembro.

20.- Rogos e preguntas.