Escoitar

O Desafío Atlántico de Grandes Veleiros perfílase como unha gran cita para Vigo

A saída do Desafío Atlántico desde o porto de Vigo vaise perfilando como unha gran cita na que a nosa cidade alcanzará unha resonancia mediática mundial. Así o constatou a alcaldesa, Corina Porro, na reunión que mantivo hoxe no Concello con Alberto Durán, representante desta regata antes coñecida como Cutty Shark.

venres, 2 set 2005
1125664834cutty0209.JPG
Estímase que a saída do Desafío Atlántico atraerá a Vigo entre 500.000 e 1.000.000 de persoas desexosas de admirar os entre 60 e 80 grandes veleiros que tomarán parte nela. Segundo a alcaldesa, este evento terá "tanta ou máis" repercusión mediática que a Volvo Ocean Race. Alberto Durán asegurou que "todos os hoteis de Vigo van estar cheos" cando se produza a saída da regata.

A competición comezará en abril ou maio de 2009, probablemente cunha regata desde un porto no sur de Inglaterra ou o norte de Francia a outro porto na Península Ibérica. A frota continuará despois ata as Illas Bermudas, coa posibilidade de facer unha pequena escala nas Canarias. Desde as Bermudas, os veleiros navegarán pola costa leste dos Estados Unidos ata o porto de Halifaz, en Canadá, e haberá unha regata final que cruzará de volta o Atlántico desde alí ata Belfast, en Irlanda do Norte.
Descargar todas as imaxes