O pavillón das Travesas acollerá o venres e o sábado o XXII Cidade de Vigo de Hóckey sobre Patíns
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou a 22 edición do Torneo Cidade de Vigo de Hóckey sobre patíns que se celebrará o 9 e 10 de setembro no pavillón central das Travesas e que está organizado Federación Galega de Patinaxe . No torneo participarán os equipos F.C.Barcelona , H.P. Primavera Prato, H.C. Liceo Vodafone e Vigo Stick.
O torneo comezará o día 9 ás 20 horas co partido entre o F.C. Barcelona e H.C.Liceo Vodafone e ás 21.45 horas enfrontaranse o Vigo Stick e o H.P. Primavera Prato. O día 10 ás 20 horas disputarase o partido do postos 3º e 4ª ( perdedores da primeira xornada) e ás 21.45 horas a final entre os equipos gañadores da primeira xornada.
Os partidos son dirixidos por árbitros internacionais, nomeados polo Comité Europeo de Árbitros que para o torneo Cidade de Vigo seleccionou a José M.Oliveira Pinto ( Portugal), Teresa Martínez (España), Thomas Ullrich (Alemana) e Bernd Ullrich ( Alemana).
Os prezos para asistir ó torneo son un bono para as dúas xornadas de 6 € ; para a primeira xornada a entrada é de 4 € e para a segunda xornada de 5 euros. As entradas poderán adquirirse na central de espectáculos.