Programación do Marco
Exposicións temporais, programación audiovisual, concertos e festivais, cursos para adultos, programación didáctica, servizos da biblioteca-mediateca, actividades da Agrupación de Amigos, son as propostas de actividades para os próximos catro meses que terán lugar no MARCO.
A programación presentouna hoxe o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves; Iñaki Martínez Antelo, responsable de exposicións do MARCO e Marta Viana Tomé, responsable de comunicación e didáctica do museo.
As propostas que ofrece o Museo para os meses de setemenro a decemebro son as seguintes:
Programación de exposicións temporais
A PATRIA ESTÁ AO VIRAR NA ESQUINA. Fotografía contemporánea de Austria
Salas de exposición do primeiro andar
Do 23 de setembro de 2005 ao 8 de xaneiro de 2006
CHIKAKU. Tempo e memoria en Xapón
Salas de exposición da planta baixa
Do 7 de outubro de 2005 ao 22 de xaneiro de 2006
ABERTO POR OBRAS
Espazo Anexo
Do 14 de outubro de 2005 ao 22 de xaneiro de 2006
Programación audiovisual
Outubro-novembro: Festival ARTFUTURA 2005. "Obxectos vivos + Espazos Sensibles"
Decembro: Festival de Cine Dixital RESFEST 2005
Programación didáctica: "FORMAS NO MAXÍN"
FORMAS NO MAXÍN... para escolares (visitas e talleres)
FORMAS NO MAXÍN... para familias (títeres e talleres)
FORMAS NO MAXÍN... para nen@s (talleres didácticos infantís)
Cursos para adultos
"Iniciación á arte contemporánea"
"O cine na fronteira das artes plásticas"
"3 x MARCO": xornadas de portas abertas
11, 12 e 13 de novembro, coincidindo co terceiro aniversario de apertura de portas ao público, e coa saída oficial da VOR do Porto de Vigo.
Últimos días da exposición "Diáspora "
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, lembra que esta semana é a última oportunidade de visitar a exposición "DIÁSPORA. 10 artistas galegos no exilio latinoamericano (1930-1970)", que será clausurada o domingo 11 de setembro.
Esta mostra, unha coproducción do MARCO e da Fundación Luís Seoane da Coruña, céntrase no estudio das importantes consecuencias da diáspora latinoamericana no desenvolvemento da arte galega, a través da obra de dez dos máis importantes artistas galegos do século XX: Ángel Botello, Castelao, Manuel Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Eugenio Granell, Maruja Mallo, Luís Seoane, Arturo Souto, José Suárez e Carlos Velo.
Ademais das artes plásticas, a exposición reúne exemplos do labor creativo destes artistas no eido literario, editorial, audiovisual e fotográfico.
Descargar todas as imaxes