Escoitar

A Escola Municipal de teatro abre o prazo de inscrición

A Escola Municipal de Teatro abre o prazo de inscrición para o curso 2005-2006 do 12 ao 21 de setembro. As prazas son limitadas e serán concedidas por rigorosa orde de inscrición.

xoves, 8 set 2005
1126181786fototeatro.jpeg
O impreso de solicitude facilitarase nas dependencias do servizo de Educación do Concello ( primeiro andar) e na propia Escola Municipal de Teatro ( Monte da Mina 16. Tf e Fax: 986/48 53 24. Correo electrónico emteatro.vigo@terra.es)

Os centros e os cursos previstos son:
- CEIP "Mestres Goldar" de Castrelos
Cursos de 6-12 anos ( luns/mércores de 18.30 a 20.00)
Cursos de 12-17 anos (luns/mércores de 18.30 a 20.00)

-CEIP "Frián-Teis"
Curso de 6-12 anos (martes/xoves de 17.00 a 18.30)

-EEI Villalaura
Curso de 6-12 anos (martes/xoves de 16.00 a 17.30)
Cursos de 12-17 anos (martes/xoves de 18.00 a 19.30)

-Escola Municipal de Teatro
Curso maiores de 18 anos
(luns/mércores de 18.30 a 20.00)
(luns/mércores de 20.15 a 21.45)

A formalización da matrícula realizarse entre os días 26 ao 30 de setembro de 2005 nas dependencias do servizo de Educación, onde se facilitará o recibo para o pago das taxas.
Descargar todas as imaxes