luns, 8 mar 2004
Un total de 30 millóns de euros serán investidos na rehabilitación da zona vella de Vigo pola Xunta de Galicia, a Zona Franca e o Concello de Vigo, segundo recolle o convenio aprobado hoxe pola Xunta de Goberno Local na súa reunión semanal.
mércores, 3 mar 2004
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebra o xoves, día 4, sesión ordinaria a partir das dez da mañá cun orde do día composto por oito asuntos entre os que figura o debate do proxecto de obras entre a praza Elíptica e a rúa Couto.
mércores, 25 feb 2004
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 26 de febreiro de 2004, ás 9,30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda, para trata-los asuntos da referida relación.
mércores, 18 feb 2004
A xerencia municipal de urbanismo reunese o xoves, día 19, en sesión ordinaria a partir das dez horas. Entre os asuntos que tratará figura a aprobación inicial da ordenanza municipal reguladora da inspección técnica de edificacións.
mércores, 11 feb 2004
A xerencia municipal de Urbanismo reunese o xoves, día 12 de febreiro, a partir das dez da mañá cun orde do día de 11 asuntos entre os que figura de reordenación de viais na zona do Meixoeiro-Bembrive e accesos ó Hospital.
mércores, 4 feb 2004
A Xerencia de Urbanismo reunirase o xoves, día 5, ás 10 horas cun orde do día de 19 asuntos, entre os que figura o debate sobre a urbanización da superficie do aparcamento da rúa Urzaiz.
mércores, 28 xan 2004
A Xerencia de Urbanismo tratará na xuntanza que se celebra o xoves, día 28 ás 10 horas, sobre o convenio de colaboración entre o Concello e Renfe para a construcción da nova estación de ferrocarril de Vigo, reordenación da praza da Estación e ordenación do seu ámbito.
mércores, 21 xan 2004
A reunión do Consello celebrase o xoves, día 22 a partir das dez de mañá. Na orde do día figuran 9 asuntos entre os que destaca a aprobación inicial do Plan Especial de protección e reforma interior do Casco Vello de Vigo.
mércores, 14 xan 2004
O Consello reunese o xoves, día 15, a partir das dez da mañá e tratará oito asuntos na orde do día entre o que destaca a modificación do convenio de permuta para a adquisición de parcelas dotacionais na rúa Muíños a cambio de aproveitamentos municipais.
venres, 9 xan 2004
Os integrantes do Consello Municipal da Xerencia de Urbanismo coñeceron hoxe de qué xeito a entrada en vigor da Lei de Medidas para a Modernización do Goberno Local afecta a este organismo. Os membros da Xerencia acordaron solicitar un informe xurídico e a opinión doutros organismos, coma a FEMP, acerca destas modificacións legais.