O Consello da Xerencia propón a creación dunha sociedade municipal para a xestión urbanística
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle ao Pleno da Corporación o inicio do procedemento de constitución dunha sociedade municipal para a xestión urbanística, co obxecto e alcance que se determine durante o proceso.
Polo mesmo acordo, adoptado na reunión mantida hoxe xoves, o Pleno deberá decidir sobre a constitución dunha comisión especial para a redacción dunha Memoria que determine a situación actual da xestión urbanística e a conveniencia e oportunidade da creación desta sociedade, así como a forma social que esta adoptará (cen por cen capital público ou mixta e sociedade anónima ou de sociedade de responsabilidade limitada). Así mesmo, a memoria determinará a viabilidade financeira e técnica da sociedade que se cree e o contido dos estatutos que rixan a súa actuación.
A Comisión estará presidida polo concelleiro de Urbanismo e contará con catro corporativos (contando o presidente), un por cada grupo político representado no Pleno da Corporación, ademais de catro técnicos municipais: o xerente de Urbanismo, o secretario da Xerencia de Urbanismo, o interventor xeral do Concello e o xefe dos Servizos Centrais de Urbanismo. O xerente, o secretario e o interventor poderán delegar a súa participación nun funcionario municipal.
Tamén se lle propuxo ao Pleno, por unanimidade do Consello da Xerencia, a aprobación definitiva da modificación puntual nº 3 do Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares, promovida polo Consorcio da Zona Franca, segundo a documentación técnica redactada pola entidade mercantil Eptisa.
Por outra banda, dentro dos asuntos nos que o Consello ten competencia resolutiva, quedou adxudicado, co voto favorable de todos os grupos menos o PSdeG-PSOE, que votou en contra, o concurso para a contratación da asistencia técnica encargada da redacción do Plan Especial do Ensanche-Cidade Central de Vigo, á empresa Consultora Galega, S.L., por 555.000 euros.
Descargar todas as imaxes