Escoitar

O Concello recibirá 72.000 euros da Consellería de Asuntos Sociais para reformas e dotacións de dous centros de axuda

A alcaldesa, Corina Porro, e a titular en funcións da Consellería de Asuntos Sociais, Belén Prado, asinaron un convenio polo cal o Concello recibirá 72.000 euros para financiar reformas e dotacións en dous centros de axuda da nosa cidade.

mércores, 20 xul 2005
1121860065ambiente.jpg
Corina Porro dixo que o obxectivo deste convenio é "seguir mellorando as infraestructuras de atención a persoas en situación de risco". A alcaldesa engadiu que para conseguir isto "a colaboración entre institucións é fundamental e imprescindible".

O Concello de Vigo reformará o equipamento de vivendas de servizos sociais onde se desenvolvan tanto actividades recreativas como de prestación de servizos sociais, así como as oficinas centrais de servizos sociais no edificio do Concello de Vigo. A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais destinará 72.000 euros a financiar estas dotacións, dous centros sociais no Concello de Vigo.

Para o primeiro centro social, a Consellería achegará un total de 30.000 euros, que irán destinados ao equipamento da vivenda de servizos sociais onde se desenvolvan tanto actividades recreativas como de prestación de servizos sociais. Os 42.000 euros restantes irán destinados a reforma das oficinas centrais de servizos sociais no edificio do Concello.

Plan concertado

O financiamento autonómico dos centros realízase a través do Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais, que artella a cooperación económica e técnica entre a Xunta e os municipios nesta materia. Deste xeito, garántese unha rede pública de apoio social á que poden acceder dun xeito fácil e efectivo a través das corporacións locais todas as persoas, familias e colectivos, especialmente aqueles que se atopan en situacións de necesidade.

Os principais obxectivos do plan son garantir uns servizos sociais básicos a toda a poboación, construír unha rede pública de equipamentos sociais e cooperar cos distintos municipios para que poidan afrontar as súas competencias na xestión dos servizos sociais.
Descargar todas as imaxes