Discurso da alcaldesa na inauguración do centro de Patoloxía Dual
A alcaldesa Corina Porro pronunciou hoxe mércores un discurso con motivo da inauguración do centro de patoloxía dual do Proxecto Home en Vigo.
O traballo de Proxecto Home a favor daqueles que sofren adicción e como consecuencia marxinación, é exemplar. O seu éxito na rehabilitación, maduración e desenvolvemento da persoa drogodependente ten sido extraordinario. Probablemente sen o seu labor a sociedade houbera tido grandes dificultades para se enfrontar a un problema tan complexo, tan cargado de particularidades, con tan graves consecuencias como a drogadicción.
No ano 93 (noventa e tres) cando Proxecto Home abre o seu primeiro centro en Vigo e segundo en Galicia, iníciase unha relación entre o centro a cidade, entre Proxecto Home e a sociedade viguesa, que cristalizou en múltiples colaboracións.
Dende entón máis de 2.000 (duas mil) persoas teñen atopado no centro de Proxecto Home de Vigo o afecto, a terapia, o recurso que precisaban para fuxir dun contorno que bloqueaba o seu desenvolvemento persoal, que impedía que aspectos e valores fundamentais para crecer e madurar como persoa, como a autoestima, a autonomía, a responsabilidade... poideran desenvolverse como recursos e capacidades, como os de calquera outro.
Vigo dispón do seu propio centro de asistencia: CEDRO, e está a desenvolver un plan propio contra a drogadicción, no que participan todos os axentes, e instituciones... pero en ningún caso debemos esquecer o papel principal que o movemento asociativo ten desenvolvido na posta en marcha dos recursos asistenciais a este colectivo, sempre en colaboración coas administracións.
Nesta liña de implicación para garantir e mellorar os recursos Vigo ha de recoñecer unha asignatura pendente con Proxecto Home.
Hoxe quero anunciar o convenio de colaboración que asinaremos de inmediato, co obxectivo de darlle estabilidade aos recursos que Proxecto Home pon a disposición da comunidade.
Sen embargo, aínda así existen importantes valeiros en canto á cobertura das necesidades dalgúns pacientes.
Perto do 30% (trinta por cento) dos usuarios dos distintos programas de Proxecto Home padecen graves trastornos das súas capacidades cognitivas, feito que en ocasións, provoca que sexan rexeitados en centros de tratamento de toxicomanías ou noutros de carácter asistencial para pacientes psiquiátricos.
Proxecto Home coñece o deterioro, as veces insalvable, das capacidades congnitivas, decisionales... de moitos toxicómanos e máis ex toxicómanos y coa inauguración deste centro se sitúa, unha vez máis, na vangarda da axuda e apoio daqueles que máis o precisan.
Porque a esta problemática súmase, en moitas ocasións, a carencia de contorno familiar ou ben que a familia do drogodependente non soporta a carga que supón unha situación que se ven cronificando ó longo dos anos.
O proxecto ACOUGA que se desenvolverá neste centro, contempla de xeito intelixente e integrador ambas realidades. Dunha parte persigue garantir que as persoas afectadas por esta patoloxía poidan mellorar a súa situación e normalizar, na medida do posible, a súa vida.
Doutra, ofrece ás familias dos afectados un servicio social que lles facilita aturar a carga familiar, que en tantas ocasións provoca alteracións na comunicación, estigma ou illamento social.
Toda a sociedade está agradecida áos homes e mulleres de Proxecto Home. Todos, mais perto que lonxe, coñecemos persoas que teñen recuperado a súa vida e a súa saúde gracias a eles. Agora, unha vez máis, agradecemos que se ocupen daqueles valeiros aos que as administracións aínda non temos chegado.
En todo caso a nosa contribución neste proxecto reflíctese na rehabilitación deste inmueble, acadado a través de convenios asinados cando as miñas responsabilidades atopábanse no goberno de Galicia e máis como Alcaldesa o pasado ano.
Certos estamos do enorme valor do voso traballo, como certos estamos de que este centro vos permitirá desenvolvelo con maior eficacia.
Gracias polo voso traballo e moitas gracias.