Discurso da alcaldesa no Día de Galicia
venres, 22 xul 2005Con motivo da celebración oficial do Día de Galicia por parte da Corporación Municipal do Concello de Vigo no Pazo Museo Quiñones de León a alcaldesa Corina Porro pronunciará o seguinte discurso a partir das 20,20 horas desta tarde.
O Colexio de Arquitectos organiza unha mostra cos Premios Grandearea de achega á arquitectura 2004
venres, 22 xul 2005A exposición terá lugar na Casa das Artes a partir do próximo 28 de xullo e se manterá ata o 11 de setembro.
Marta Iglesias clausurou o campamento de verán para discapacitados "Divértete no verán"
venres, 22 xul 2005O campamento desenvolveuse entre os días 18 e 22 de xullo e tivo unha asistencia de 17 rapaces aínda que a previsión inicial era de 15.
O ciclo Realidade 2005 proxectará cinco películas ao aire libre na Praza do Rei
venres, 22 xul 2005Filmes como "El Hundimiento", "Lost in La Mancha" ou "24 Hour Party People" serán proxectadas entre os días 31 de xullo e 4 de agosto. As películas proxectaranse en V.O. subtitulada e haberá 1.000 cadeiras para o público.
A Casa das Mulleres acolle a exposición "A muller minusválida, cidadá invisible"
venres, 22 xul 2005A Casa das Mulleres (rúa Romil 20) acolle do 26 ao 29 de xullo a exposición "A muller minusválida, cidadá invisible", organizada pola asociación "Inclusión" e na que participan a fotógrafa Marta Salorio e as pintoras Paula Tomé e Conchita Bordello.
Corina Porro recibe o novo comandante da Marina de Vigo, Antonio Jover
venres, 22 xul 2005A alcaldesa, Corina Porro, recibiu hoxe venres o novo comandante de Marina de Vigo, Antonio Jover Pons, que foi nomeado o pasado 12 de xullo. O comandante púxose ás ordes da alcaldesa e preguntoulle qué liña de actuación demanda o Concello de parte da Marina.
Pleno da Corporación
venres, 22 xul 2005Convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE horas do día VINTESEIS DE XULLO para resolver os asuntos da devandita relación.
Xunta de Goberno Local
venres, 22 xul 2005Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 26 de xullo de 2005, quince minutos despois do remate da sesión plenaria convocada para a mesma data, en 1ª convocatoria, e trinta minutos despois en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.