Escoitar

Corina Porro recibe o novo comandante da Marina de Vigo, Antonio Jover

A alcaldesa, Corina Porro, recibiu hoxe venres o novo comandante de Marina de Vigo, Antonio Jover Pons, que foi nomeado o pasado 12 de xullo. O comandante púxose ás ordes da alcaldesa e preguntoulle qué liña de actuación demanda o Concello de parte da Marina.

venres, 22 xul 2005
1122035900marine.jpg
Antonio Jover Pons mostrouse partidario dunha "plena colaboración coas autoridades locais, empresas e fundacións relacionadas coa Marina e cos asuntos mariños", de acordo coa "tradición mariñeira da Armada".

O novo comandante de Marina será o enlace entre os barcos militares estranxeiros que recalen en Vigo e autoridades da nosa cidade.

Para Antonio Jover Pons, o papel da Armada hoxe en día "está definido na Costitución e ese é o papel que ten que desempeñar, sempre", á parte das funcións que poida ter na realización de misións humanitarias.
Descargar todas as imaxes