Escoitar

A organización do Imaxina Sons xa traballa na edición de 2006

O concelleiro de cultura e o director artístico do festival calificaron de moi bo o resultado dos 17 días que durou o evento, que trouxo a Vigo 40 actividades e implicou a 10.000 espectadores.

xoves, 21 xul 2005
1121952614baldo.jpg
O concelleiro de Cultura Ignacio López Chaves e o director do Festival, Baldo Martínez, fixeron hoxe xoves unha avaliación do Festival Internacional de Jazz "Imaxina Sons", o que calificaron de éxito tanto pola súa repercusión como pola consecución dos obxectivos previstos na declaración de intencións.

O festival pretendeu ser un achegamento a este tipo de música a través dos seus expoñentes máis locais, dende o ámbito galego ata o español e o europeo. O carácter internacional do acto permitiu traer tamén músicos americanos, pero só para enriquecer o espectáculo e sen perder de vista o seu carácter.

O Festival "Imaxina Sons" foi seguido por preto de 10.000 persoas a través dalgunha das súas 40 actividades, ben os concertos, pasarrúas, conferencias, exposicións... ao longo dos 17 días que durou o evento. Segundo Ignacio López Chaves a diversificación dos lugares e a variedade de estilos e formas foi moi enriquecedor e permitiu que o festival chegase a moita máis xente e que esta se implicase mais que se estivese localizado nun auditorio ou teatro concreto.

Concelleiro e director recoñeceron estar xa traballando no Imaxina Sons 2006, poñéndose en contacto con diferentes músicos para asegurar a súa presenza e tratando de mellorar aínda algúns aspectos da organización.
Descargar todas as imaxes