O concerto de The Prodigy porá á venda 4.000 entradas
Os artistas británicos virán acompañados polo coruñés Deluxe, que fará de teloneiro. A cita será o luns 1 de agosto a partir da 22,30 horas.
O concelleiro Ignacio López Chaves presentou hoxe xoves o concerto do próximo luns día 1 de agosto a cargo do grupo británico The Prodigy, que contará como teloneiro de luxo ao cantante coruñés Deluxe. Ambos concertos tiveron un custo de 180.000 euros en total e poranse á venda 4.000 entradas a 12 euros a anticipada e 15 euros en taquilla. O concelleiro resaltou a intervención do Concello na asequibilidade dos prezos que, en cidades como Salamanca ou Benidorm (os outros destinos da xira española de Prodigy) superan amplamente os 20 euros.
O concelleiro e maila organización resaltaron a contrastada experiencia e repercusión de ambos grupos, que contan con máis dun LP nos primeiros postos das listas de vendas e son asiduos ás citas musicais máis importantes.
O concerto de The Prodigy contará ademais cun espectacular despregamento lumínico e de son que duplicará, por exemplo, aos que tiveron no seu día Jamiroquai ou Off Spring, polo que o espectáculo en Castrelos estará asegurado.
Descargar todas as imaxes