Escoitar

O Concello celebra o Día de Galicia cunha recepción oficial no Pazo Quiñones de León

A lectura do Bando corresponderalle á xornalista Yolanda Vázquez e a interpretación do Himno Galego correrá a cargo da Banda de Gaitas "Moxenas. Musical Galego".

xoves, 21 xul 2005
Con motivo da celebración do Día de Galicia, mañá venres haberá unha recepción oficial nos xardíns do Pazo Museo "Quiñones de León" que contará coa presenza da alcaldesa Corina Porro, así como outros membros da Corporación e outras personalidades da cidade.

A recepción terá lugar a partir das 20 horas da tarde e contará coa presenza da Banda de Gaitas "Moxenas. Musical Galego" e a lectura dun bando a cargo da xornalista de Antena 3 Televisión, Yolanda Vázquez.

O programa da xornada será o seguinte:

19,45 h. Chegada de autoridades e invitados. Saúda aos sones da Banda de Gaitas "Moxenas. Musical Galego"

20 h. Presentación. Baixada ao Xardín Inglés

20,10 h. Lectura do Bando do Día de Galicia por Da. Yolanda Vázquez

20,20 h. Palabras da Excma. Alcaldesa Sra. Corina Porro Martínez

20,30 h. Himno Galego interpretado pola Banda de Gaitas "Moxenas. Musical Galego"

Recepción e aperitivo