Escoitar

Vitrasa pon en marcha un servizo especial de transporte para os concertos de Castrelos

Con obxectivo de facilitar a mobilidade das persoas durante as Festas do Cristo, Vitrasa pon en marcha un servizo especial de transporte para os concertos que terán lugar no Auditorio de Castrelos os días 27, 28, 29 e 30 de xullo e 1, 13 e 20 de agosto.

mércores, 20 xul 2005
1121859959busverde.jpg
Este servizo de transporte, que o concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, cualificou de "mellora importante", terá un percorrido circular. Partirá da avenida de Castrelos cando acaben os concertos e pasará pola avenida de Balaídos, Fragoso, praza de América, Camelias, Romil, paseo de Alfonso, Policarpo Sanz, Colón, Urzaiz, Gran Vía, praza de España e de volta por Gran Vía ata chegar outra vez á praza de América.

O prezo deste servizo virá dado polas propias tarifas do transporte urbano ou pola tarifa especial "Buho", de un euro e válida durante toda a noite neste mesmo servizo os venres, sábados e véperas de festivo.

Todos os días poderá efectuarse un transbordo gratuíto coa liña nocturna na praza de América, Camelias, Romil, paseo de Alfonso, Porta do Sol, Policarpo Sanz, Colón e Urzaiz. Ademais, os venres, sábados e vésperas de festivo haberá transbordos gratuítos coa liña especial "Buho" nos mesmos puntos.

Vitrasa recorda que para desprazarse ata o lugar dos concertos pódense utilizar as liñas recgulares que pasan pola avenida de Castrelos: C6, C7, L8, L12B, L17 e L20.
Descargar todas as imaxes