Vigo acollerá a fase final do Encontro Internacional Xoven de Música, organizado polo conservatorio Mayeusis
O director do conservatorio, Felipe Estévez, pretende a implicación da alcaldesa neste encontro internacional que contará con orquestras de Galicia e Portugal.
O director do Conservatorio Mayeusis, Felipe Estévez, visitou á alcaldesa Corina Porro para conseguir a implicación da alcaldesa no Encontro Internacional Xoven de Música, que terá lugar entre o 24 de agosto e o 4 de setembro e contará coa participación das orquestras sinfónicas xoves de Lisboa e Galicia, así como a do conservatorio Mayeusis. Felipe Estévez quere que esta xira de concertos remate en Vigo e sexa incluído no programa Vigo 2005 e invitou á alcaldesa a que asista e presida as xornadas.
Por outro lado, Felipe Estévez falou coa alcaldesa sobre o encontro Atlantis 2005 de Musico Terapia, que terá lugar en Vigo entre o 9 e o 11 de setembro e consistirá en catro charlas e un taller de embarazadas. O director do conservatorio espera tamén a implicación da alcaldesa.
Descargar todas as imaxes