A Asociación Astronómica Rías Baixas plantexou a posibilidade de construír un Planetario en Vigo
O Planetario daría servizo a todo o sur de Galicia e norte de Portugal e contaría con visitas guiadas para todos os colexios deste área.
Corina Porro recibiu hoxe martes ao responsable da Asociación de Astronomía Rías Baixas, Antolín Franco García, que falou coa alcaldesa sobre a posibilidade de construír un planetario en Vigo. Segundo Antolín Franco o futuro Planetario podería ser visitado por unha poboación de preto de millón e medio de habitantes, sumando o sur de Galicia (as provincias de Ourense e Pontevedra) e o norte de Portugal.
"O Planetario é un dos mellores lugares para a defensa da cultura científica e astronómica", comentou o responsable da asociación, que asegurou a posibilidade de visitas guiadas para todos os colexios das áreas citadas. Antolín Franco explicou que un planetario non conta cunha soa unidade didáctica senón que se poden variar os temarios para dar cunha formación máis axeitada ás necesidades dos alumnos: o sistema solar, descubrimentos no planeta Marte, a orixe do Universo...
En canto ao asentamento do Planetario, a Asociación Astronómica rías Baixas non conta con preferencias, aínda que Antolín Franco estima que podería aproveitarse algunha entidade xa en funcionamento e así de paso estimulala, como é o caso do Verbum. O orzamento que se baralla para a construcción do Planetario é de arredor de 1,5 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes