Vigo espera fondos europeos para dous proxectos de colaboración transfronteiriza
Vigo opta aos fondos europeos do programa Interreg III-A a través de dous proxectos de colaboración transfronteiriza. O primeiro destes, desenvolto coa localidade de Chaves, consite na posta en marcha dun centro para a divulgación das enerxías limpas, no Zondal. No segundo, Vigo colabora con Monçao para recuperar espazos forestais periurbanos.
A alcaldesa, Corina Porro, e o concelleiro de Vías e Obras, José Manuel Iglesias, presentaron hoxe luns os proxectos presentados polo Concello de Vigo, en colaboración con outras entidades públicas e privadas, para optar ás axudas incluídas no programa europeo Interreg III-A.
Corina Porro explicou que no goberno municipal "non queremos perder o tren de Europa e por iso traballamos con outras cidades europeas no ámbito do emprego, da sociedade da información e da colaboración transfronteiriza".
No marco destas accións, o Concello de Vigo ten elaborado dous proxectos que agora presenta ao programa europeo Interreg III-A e que probablemente serán aprobados a finais do presente ano.
O primeiro destes proxectos é o dunha Área divulgativa sobre enerxía, medio ambiente e sostenibilidade (Ademas), cuxa finalidade é a de crear infraestructuras, servizos e equipamentos sobre fontes enerxéticas renovables e residuais para promover o desenvolvemento sostible en materia enerxética na rexión transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal.
Deste xeito, Vigo e Chaves colaboran para desenvolveren senllos centros divulgativos co obxectivo de demostrar que as enrexías renovables funcionan. O centro de Vigo situarase na área do Zondal e virá substituír un antigo vertedoiro actualmente selado.
Será este un centro de divulgación sobre tecnoloxías ambientais non contaminantes, enerxías renovables e eficiencia e aforro enerxético.
O orzamento total deste proxecto ascende a 1.266.170 euros, dos cales o programa Interreg subvenciona o 75%. O 25% restante achegarano os socios que participan no proxecto, entre os cales están o Concello de Vigo, a Cámara Municipal de Chaves e as universidades de Vigo e do Minho.
O segundo proxecto co cal o Concello opta aos fondos do Interreg é o de posta en valor de espazos forestais periurbanos (Ambienta), que se concreta na recuperación e conservación da ladeira oeste do monte da Guía, potenciando a presenza nela de especies autóctonas. Este proxecto, que o Concello de Vigo leva a cabo en colaboración coa Cámara Municipal de Monçao e a Associaçao de Agricultores do Alto Minho, pode recibir unha axuda de un millón de euros.
Descargar todas as imaxes