O Concello convoca certames xuvenís de fotografía, banda deseñada e artes plásticas sobre a Volvo Ocean Race
A concelleira de Xuventude e de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe venres os certames xuvenís de fotografía, banda deseñada e artes plásticas que organiza o Concello para promocionar a Volvo Ocean Race de cara á súa saída desde Vigo no próximo mes de novembro.
Lucía Molares dixo que desde o Concello "queremos que a Volvo Ocean Race sexa un acontecemento importante para toda a sociedade". Para iso, afirmou, convén "vincular a creatividade dos mozos a este grande evento náutico".
Os campos nos que a xente nova entre 17 e 30 anos poderá demostrar a súa destreza e a súa valía artística son os da fotografía, a banda deseñada e as artes plásticas. O denominador común desde o punto de vista temático para todas as modalidades convocadas será a Volvo Ocean Race e, máis en concreto, o mundo do mar desde a perspectiva dun acontecemento deportivo de características internacionais.
O prazo de inscrición para todas as modalidades comeza desde a publicación das bases no BOP e acaba o 30 de setembro de 2005. A obra poderá ser individual ou colectiva. Os traballos premiados serán expostos en espazos como o Museo do Mar e o MARCO nos meses anteriores ao inicio da proba náutica.
Descargar todas as imaxes