Escoitar
Preto de 700 litros de viño acompañarán ós 2.500 quilogramos cociñados ó vapor e ós 500 en empanada

A Festa do Mexillón ofrecerá ao público 2.5 toneladas de molusco en Castrelos

O parque de Castrelos acollerá o vindeiro domingo, 17de xullo, unha nova edición da Festa do Mexillón que cada ano organiza a Federación de Peñas Recreativas “El Olivo” en colaboración coa concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo.

xoves, 14 xul 2005
1121340957mexillon.jpg
A festa arrincará ás 10 da mañá, hora á que comezarán xa as degustacións do molusco, e prolongarase ata as dúas e media da tarde. Os asistentes á mesma non só poderán disfrutar de 2.500 quilogramos de mexillóns preparados ó vapor, senón que tamén poderán degustar preto de 500 quilogramos do molusco cociñados en empanada e regados con máis de 700 litros de viño.

A ración de mexillón, que levará preto de dúas ducias de molusco, pan e limón custará 2 euros; a de empanada estará ó mesmo precio; mentras que a botella de viño do condado ascende a 3 euros. Tamén haberá cervexas, refrescos e augas a 1 euro.

Un equipo de entre 130 e 150 persoas da Federación de Peñas traballará dende as 7 da mañá e durante o tempo que dure a festa para que todo funcione segundo o previsto e as máis de 5.000 persoas que se espera asistan a esta cita gastronómica marchen cun bo sabor de boca.

A Festa do Mexillón estará amenizada polo grupo de baile e gaitas da Peña Xuntanza, de Coia e no decurso da mesma entregaráse, como vén sendo tradicional, o “Mexillón de Ouro”.
Descargar todas as imaxes