Escoitar

Vigo será o primeiro porto español en acoller unha proba do Campionato do Mundo de Multicascos 60’

Entre o 14 e o 17 de xullo, a ría de Vigo acollerá o Gran Premio Galicia 2005, integrado no Campionato do Mundo Multicascos 60’. Será a primeira vez na historia un porto español sexa escenario dunha regata destas características. As competicións de multicascos 60’ están consideradas unha das máis espectaculares do mundo da náutica: a fórmula 1 da vela.

mércores, 13 xul 2005
1121259384barco.jpg
O Gran Premio está estructurado en nove probas que se distribúen en tres días de competición (entre o venres 15 e o domingo 17 de xullo), combinando percorridos costeiros con bastóns barlovento–sotavento. Unha competición que permite mostrar ao público, aos patrocinadores e aos medios de comunicación un espectáculo protagonizado por un tipo de embarcacións considerados polos expertos como a fórmula 1 dos mares.

Desde 1996 organizáronse máis de trinta Grandes Premios en cidades como Cagliari, Lorient, Calvi, Royan, Marsella ou Zeebugre. Os mellores regatistas participan nesta competición: Mike Bircj. Laurent Bourgnon, Francis Joyón, Loic Peyron, Marc Guillemot, Alain Gautier, Jean Le Cam, Giovanni Soldini, Michel Desjoyeaux, etc.

Córsega e Marsella acolleron o pasado mes de xuño as dúas probas anteriores do Mundial de Multicascos 60’. Agora chega a vez de Vigo. Despois, as seguintes citas serán en Port de Fécamp, entre o 8 e o 11 de setembro, e en Lorient, entre o 29 de setembro e o 2 de outubro.

O Gran Premio iniciarase o xoves 14 coa xornada de adestramento. Venres, sábado e domingo celébrase a regata, disputada en equipo, conectando percorridos barlovento-sotavento con percorridos costeiros. Cada barco efectúa varias voltas arredor de tres boias, distantes entre 2,5 e 3 millas. Nestas probas, a rapidez de execución das manobras é esencial, así como o talento do táctico, do timonel e a colocación con respecto ao adversario.

Os multicascos ou trimaráns son embarcacións tripuladas por once persoas que alcanzan velocidades de ata 40 nós (uns 70 kilómetros por hora). No Gran Premio, os trimaráns iniciarán a competición lanzados a 25 nós. Todo nesta regata é espectacular: o ruído dos cabos que fan resoar os cascos de carbono, os case 450 metros cadrados de superficie vélica que culminan a 30 metros de altura, a concentración dos patróns e, sobre todo, os saltos dos tripulantes na manobra sobre a rede de seguridade entre os flotadores.

Presenciar unha regata de multicascos pode ser unha experiencia inolvidable. Os barcos, maiores que un campo de tenis, viran a boia cunha facilidade pasmosa pese ao seu gran tamaño. A competición de trimaráns está marcada pola táctica, as manobras e a rapidez. Todos estes elementos converten a regata nun espectáculo visual de enorme beleza.
1121259384barco.jpg
1121259416rueda.jpg
Descargar todas as imaxes