Músicas e danzas de Galicia e do mundo no XI Festival Folclórico Internacional de Vigo
O concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe martes o XI Festival Folclórico Internacional do Concello de Vigo, do que dixo esperar que teña "boa cabida" nas Festas do Cristo da Victoria 2005. O Festival celebrarase do 15 ao 21 de xullo.
Xunto aos grupos vigueses integrados en Interfolc (Escola Municipal de Danza, Coriscos, Lembranzas Galegas e Xistra), organizadoras do Festival en colaboración co Concello, estarán presentes catro agrupacións foráneas que o presidente de Interfolc, Emilio Sotelino, define como de "gran calidade".
Son estas tres grupos convidados: Tierra de Barros, de Almendralejo (Estremadura); Mi linda Costa Rica, procedente deste país centroamericano, e o Grupo Folclórico Nacional Radost, de Bielorrusia, mailo grupo de animación Os Pauliteiros de Fonte de Aldeia, de Miranda de Douro (Portugal). Os tres grupos invitados estarán presentes nas diferentes actuacións que se celebrarán nas parroquias.
O Festival comezará o venres 15 de xullo ás 21:30 horas, coas actuacións no Auditorio do Helios do grupo de baile do mesmo nome e da Banda de Gaitas Charamuscas. O sábado 16, a partir das 20:00 Os Pauliteiros de Fonte da Aldeia animarán ao seu paso a rúa do Príncipe e a praza da Princesa.
Ás 22:00 dese mesmo sábado iniciarase o acto central do programa. Será no Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova, onde actuarán os tres grupos convidados mais Lembranzas Galegas, Corisco e a Escola Municipal de Danza, por parte viguesa. A entrada, mediante invitación, é gratuíta e pódese recoller na Concellería de Festas.
O domingo 17, Os Pauliteiros de Fonte de Aldeia volverán coa súa música e as súas danzas á rúa, esta vez da praza da Independencia á praza de América, a partir das 12:00. Máis tarde, ás 21:30, será a vez dos grupos Os Ventos de Comesaña e Agarimo, do Porriño, que actuarán no torreiro de festas de Santo André de Comesaña.
Ao día seguinte, a partir das 21:30 no local da Asociación de Veciños de Cabral, tocará o grupo tradicional de gaita e pandeireta de Cabral. O mércores 20, tamén a partir das 21:30, na alameda da Salgueira, actuará o grupo invitado Queixumes, dese mesmo lugar. O programa do Festival chegará á súa fin na alameda de Matamá, o xoves 21 a partir das 21:30, co grupo folclórico Atlántida de Matamá e o grupo mixto de pandereiteiras Beltaine da Sociedad Atlántica.
Descargar todas as imaxes