Aprobado o proxecto "Actívate", para a inserción laboral de persoas con dificultades
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto "Actívate", co que se pretende favorecer a inserción laboral no ámbito de servizos de persoas con necesidades especiais, como son as mulleres con dificultades neste campo e os colectivos en situación ou en risco de exclusión social. O proxecto contará cun orzamento duns 640.000 euros.
A Xunta de Goberno, reunida hoxe luns, deu o seu visto bo ao proxecto "Actívate". Este proxecto ten dous obxectivos principais: por unha parte, desenvolver itinerarios de inserción laboral para 90 demandantes de emprego do municipio que inclúan unha oportunidade de práctica laboral e formación axeitada. Por outra parte, a través do "Actívate" preténdese favorecer a ocupabilidade de persoas desempregadas, con prioridade para mulleres con dificultades de inserción laboral e colectivos en situación ou en risco de exclusión social.
Para isto, traballarase na capacitación profesional destas persoas nos seguintes ámbitos: auxiliar de axuda a domicilio, conductor-monitor de transporte adaptado e escolar, teleoperador e persoal de apoio en centros sociosanitarios (axudante de cociña, experto en limpeza, lavandería e pasado).
Para levar adiante o proxecto "Actívate", o Concello solicítalle á Dirección Xeral de Cooperación Local do Ministerio de Administracións Públicas unha subvención de 448.018,67 euros. O Concello cofinanciará o proxecto cunha cantidade de 192.008 euros. O total de 640.026,67 euros distribuirase en dous anos (481.751,30 euros en 2006 e 158.275,36 euros en 2007).
Tamén na área de Desenvolvemento Local e Emprego, foi aprobada a programación das obras que se iniciarán no presente mes de xullo dentro do programa BIAL. Entre estas obras figuran a canalización de iluminación público na rúa Vilagarcía, a reparación do pavimento da rúa Príncipe e das rúas próximas, a instalación dunha varanda na praia do Serral, a construcción dunha rampa de acceso ao Centro Comercial de Coia e a limpeza e reacondicionamento do sendeiro panorámico de Vigo.
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local aprobou a prestación dunha indemnización sustitutoria á entidade Necso polas obras do proxecto de execución da "Casa das Palabras". As cantidades que Necso recibirá serán de 1.199.596,55 e 670.560,75 euros. Así mesmo, Necso recibirá outra indemnización sustitutoria por valor de 963.252,03 euros en concepto de realización de obras do proxecto de execución do MARCO.
Na área de Xventude, deuse luz verde á sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación Veciñal Doutor Fleming para o desenvolvemento de actividades de carácter xuvenil durante xullo de 2005, por valor de 5.286 euros. Tamén se aprobou a sinatura doutro convenio de colaboración para a realización de actividades de dinamización infantil e xuvenil, co Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo. O Concello achegará para o cumprimento deste convenio un total de 20.000 euros. Ademais, o Centro Cultural de Coruxo recibirá 4.000 euros para o seu campamento urbano "A Gamela Coruxeira", que se celebrará durante este verán.
Descargar todas as imaxes