Escoitar

Exhibición aérea na praia de Samil

A concellería de Cultura organiza, en colaboración co Club Aéreo de Vigo, un Festival Aéreo que terá lugar o domingo , día 10 de xullo, na praia de Samil a partir das 11:30 horas. No festival, que durará ata ás 13:30 horas, participarán un avión F18, avións apagafogos, a patrulla paracaidista EADA e a patrulla Ágila.

venres, 8 xul 2005
1120822132patrulla1.jpg
A "Patrulla Águila" é o equipo de demostración acrobática do Exército do Aire español. Dende súa creación no ano 1985, participou en exhibicións por España, Europa e Oriente Medio, xunto con outros equipos de todo o mundo que comparten esta dedicación.

A "Patrulla Águila" realiza as súas exhibicións con 7 avións CASA C-101 Aviojet, avión bipraza de fabricación española, que pode acadar unha velocidade de 450 Kts –nós- (835KIns/h) unha altitude de 42.000 ft-pes- (14.000 m) e unha autonomía de 7 horas.

A "Patrulla Aguila" intégrana 13 pilotos: o xefe da Patrulla, 7 pilotos titulares e 5 pilotos de reserva. Ademais destes, forman o equipo: un oficial de Intendencia, trinta e seis suboficiais mecánicos e cinco suboficiais de fotografía e vídeo e unha secretaria.

Os membros da "Patrulla Águila" desempeñan unha dobre función: por unha banda, como pilotos acrobáticos e por outra, como profesores e instructores de voo na Academia Xeral do Aire de San Javier en Murcia.

Avións “Canadiar”

O “Canadiar” coñecido como apagafogos está encadrado no 43 grupo das FF.AA. na base de Torrejón. As actividades deste grupo céntranse na extinción de incendios forestais. Por este motivo traballa en estreita colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, concretamente coa Dirección Xeral para a Biodiversidade. O avión emprégase como bombardeiro de auga, vixilancia, recoñecemento e transporte de persoal e material, sendo a extinción de incendios a súa función primaria.

É primeiro avión deseñado exclusivamente para a extinción de incendios forestais. A gran vantaxe que ten esta aeronave, respecto a outras que se utilizan en misións de extinción, é a súa grande capacidade de recoller 6.000 litros de auga sen necesidade de volver a tomar terra nun aeroporto para efectuar o repostado de auga. Dada a súa condición de avión anfibio, pode buscar unha zona próxima ao incendio (embalse, río ou costa) e recoller o auga en tan só uns segundos durante a manobra de toma e despegue.

F18

O F18 pertence o ALA 15 con base en Zaragoza, a maior da Defensa Española. É o avión máis moderno que existe actualmente, superado polo novo Eurofiether. O F18 é un avión de caza e combate, supersónico que chega a alcanzar 2,2 veces a velocidade do son. É utilizado por un só piloto e pode actuar en distintas misións.

Patrulla EADA ( escuadrón de apoio ao despregue aéreo)

Os paracaidistas que forman este escuadrón son os primeiros que entran en misión de servicio, adiantándose a outros efectivos, construíndo pontes, montando campamentos e ter todo preparado para cando chegan a groso do resto das unidades. Este escuadrón asiste en misións humanitarias en distintos países, facilitan alimentos, constrúen hospitais de campaña, mantendo a orde na zona que teñen asignada.
1120822132patrulla1.jpg
1120822166agila2.jpg
Descargar todas as imaxes