Escoitar

Turismo de Vigo asina un covenio coa Naviera Mar de Ons para ofertar ceas-baile na ría de Vigo

A concelleira de Turismo, Lucía Molares, asinou hoxe xoves un convenio de colaboración coa Naviera Mar de Ons, para poñer en marcha un novo servizo turítico de ceas-baile na Ría de Vigo, durante o período estival.

xoves, 7 xul 2005
1120737067barco.jpeg
Este servizo comezará a funcionar a partir deste sábado, día 9 de xullo, e continuará todos os sábados do mes de xullo e venres e sábados do mes de agosto, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

A saída será dende o Porto de Vigo ás 22:30h e o regreso, arredor das 2:30h. A travesía será pola ría de Vigo, fondeando nun punto desta durante a cea. O buque que prestará este servizo será o "Mar de Vigo", un catamarán con aforo para 120 comensais. Durante a travesía e a cea ofrecerase música en directo e gravada, e os turistas e usuarios que fagan uso deste servizo tamén se poderán deleitar cunha queimada.

O menú será servido polo restaurante Don Pepe, e consistirá en productos típicos galegos como empanada, mexillóns, polbo, camaróns, cigalas, tenreira galega, e tarta de Santiago, entre outros. O prezo da cea por persoa será de 85€. A todos os usuarios deste servizo faráselles entrega a bordo dun folleto recordativo da cea.

A Naviera Mar de Ons será a encargada de organizar as ceas e de formalizar as reservas durante a semana. A reserva poderá formalizarse ata o mesmo día de celebración da cea (en horario de 9:00 a 14:00), chamando ó teléfono de reservas: 986 225272/134368.

Turismo de Vigo e a Naviera Mar de Ons realizarán unha importante campaña para anunciar este servicio, editando 150.000 folletos explicativos do servizo. Turismo de Vigo, ademais, será o encargado de informar deste novo servizo a todos os turistas e vigueses que se acheguen aos diferentes servizos de información turística, que están abertos ao publico durante todos os días da semana incluidos domingos e festivos. Todo isto para, como dixo Lucía Molares, "ofrecer unha alternativa de ocio para os que visitan a nosa cidade".

A Concellería de Turismo publicitará este novo servizo tamén na Guía do Ocio que todos os meses edita Turismo de Vigo e que se distribúe en toda España. Esta guía do ocio mensual tamén está a disposición dos usuarios a través da páxina web do Concello.
1120737067barco.jpeg
1120737082comedor.jpeg
1120737123luc0707.jpg
1120737150comedor2.jpeg
Descargar todas as imaxes