Escoitar

Vigo pode ser pioneiro en Galicia na instalación obrigatoria de paneis solares nos edificios

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle á Xunta de Goberno Local a aprobación inicial dunha ordenanza municipal que establece o obrigada instalación de sistemas de captación e utilización de enerxía solar nos edificios de nova planta e nos que sexan reestructurados.

xoves, 7 xul 2005
1120736917xeren0707.jpg
Vigo está próximo a converterse na primeira cidade de Galicia onde será obrigado incorporar sistemas de captación e utilización de enerxía solar nos edificios de nova planta e nos que sexan reestructurados. Así o establece unha ordenanza municipal que recibiu o apoio unánime de todos os grupos presentes no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebrado hoxe xoves e que agora deberá ser aprobada polo Pleno da Corporación.

A ordenanza establece a obrigada incorporación de sistemas de captación e utilización de enerxía solar activa de baixa e media temperatura para a producción de auga quente sanitaria e o quecemento de piscinas, en edificacións de carácter público ou privado.

Segundo explicou o xerente da Axencia Intermunicipal da Enerxía, Bernardo Parajó, esta medida contribuirá a diminuír a emisión de gases causante do efecto invernadoiro, que se produce, nunha proporción dun 75 a un 80 por cento, a raíz das denominadas actividades enerxéticas.

Bernardo Parajó precisou que os sistemas de captación e utilización de enerxía solar non se empregarán para a calefacción das vivendas, pero salientou que para os usos previstos poderán chegar a achegar "sen problemas" ata o 80% do total de enerxía que se consuma. Parajó engadiu que a aplicación da ordenanza será gradual e que os novos sitemas non suporán un custo superior ao 1,5% sobre o total da edificación, podendo ser amortizados "en catro ou cinco anos".

Outro acordo adoptado polo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, a proposta do BNG, foi o de instar a Alcaldía-Presidencia para que de xeito inmediato o Instituto Galego de Vivenda e Solo ordene á Sociedade Pública Xestur Pontevedra S.A. as reparacións necesarias e urxentes da totalidade da rúa As Texugueiras, no seu treito 2-A, do Plan Parcial de Navia.

Así mesmo, o Consello propúxolle á Xunta de Goberno Local a desestimación da solicitude de expropiación total da parcela nº 11 no expediente expropiatorio "Nova Estrada de Baixada a Ríos. Ademais, quedou proposta a aprobación inicial do proxecto expropiatorio por taxación conxunta das fincas non incorporadas á Xunta de Compensación do polígono 1 do Plan Parcial 03.23 Baruxáns.

Por último, o Consello propuxo aceptar a cesión gratuíta de dúas parcelas para ensanche e mellora dos camiños Canteiros e Lourido.
1120736917xeren0707.jpg
1120736948xeren0707b.jpg
Descargar todas as imaxes